Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente-e IN407A 2021/80-1).

Expediente-e: IN407A 2021/80-1.

Promotora: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación da instalación: repotenciación LMTA-subt. a 20 kV Brea-Brañas Verdes.

Concello: Camariñas.

Feitos:

1. O día 22.4.2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: repotenciación LMTA-subt. a 20 kV Brea-Brañas Verdes.

2. Mediante o Acordo do 21 de xuño de 2021 desta xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa e de construción, resolución que se publicou no Diario Oficial de Galicia o día 16 de xullo e no Boletín Oficial da provincia o día 28 de xuño, non constando no expediente ningunha alegación.

3. Envíanse as separatas aos organismos afectados que a xuízo de Electra del Gayoso, S.L. puideren estar afectadas:

Concello de Camariñas, Augas de Galicia, Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural, Instituto de Estudos do Territorio, UFD Distribución Electricidad, S.A. e Enel Green Power España, S.L.

• Concello de Camariñas.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. A día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación á anterior solicitude, polo que, de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

• Augas de Galicia.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. A día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación á anterior solicitude, polo que, de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

• Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. O organismo emite informe con data do 1.7.2021. Con data do 16.7.2021, Electra del Gayoso, S.L. expresa a súa conformidade aos condicionados do organismo.

• Instituto de Estudos do Territorio.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. O organismo emite informe con data do 25.5.2021. Con data do 15.6.2021, Electra del Gayoso, S.L. expresa a súa conformidade aos condicionados do organismo.

• UFD Distribución Electricidad, S.A.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. O organismo emite informe con data do 13.5.2021. Con data do 18.6.2021, Electra del Gayoso, S.L. expresa a súa conformidade aos condicionados do organismo.

• Enel Green Power España, S.L.

– O día 29.4.2021, envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á autorización de construción. A día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación á anterior solicitude, polo que, de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita  solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Cambio de condutor no tramo aéreo entre os apoios nº 28 a nº 41, cambiando o condutor LA-30 por 117 AL3, así mesmo se proxecta o cambio de todos os apoios actuais por non soportar os esforzos deste novo condutor (2.169 m).

Desmantelamento do tramo de LMTA a der. Brea (IN407A 2013/157-1) entre os actuais apoios nº 40 e nº 43.

Desmantelamento do tramo de LMTS, RBTS e CT Brea (IN407A 2018/44-1) desde a arqueta existente (1) ao apoio nº 43. O apoio nº 43 permanece por formar parte da RBT con orixe no CT Brea.

Tramo soterrado con orixe no apoio nº 41 (da actual liña proxectada) e final na arqueta existente (1) en condutor RHZ1-2 OL 3×240 mm2 Al.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 150.228,73 €.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de  construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña