Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT derivada Canaval-Campo da Festa, no concello de Sober (expediente 2020/14 AT).

O 3 de agosto de 2021, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT derivada Canaval-Campo da Festa, no concello de Sober (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Sober, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 26 de febreiro, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2 de marzo e no Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo de 2021, para que comparezan os días 15, 16 e 17 de novembro de 2021, no concello de Sober, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Sober estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidera realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de outubro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Asunción Pérez Fernández

1

182

Veiga de Dentro

Prado

1

1

17

272

2

José Alberto Rodríguez López

1

181

Veiga de Dentro

Prado

1

1

16

263

3

Josefa Pérez Fernández

1

177

Veiga de Dentro

Prado

14

224

4

Hros. Darío Fernández Pérez

1

176

Veiga de Dentro

Labor

14

225

5

Hros. de Castor Rodríguez Fernández

1

174

Veiga de Dentro

Prado

8

129

6

Hros. de Manuel María López González

1

173

Veiga de Dentro

Prado

8

126

7

Asunción Pérez Fernández

1

171

Veiga de Dentro

Prado

11

169

8

Julio Suárez Álvarez

1

170

Veiga de Dentro

Prado

13

206

9

José Alberto Rodríguez López

1

169

Veiga de Dentro

Prado

28

455

10

José Manuel Rodríguez López

1

165

Veiga de Dentro

Prado

2

1

20

328

11

Julio Coya Piñeiro

1

163

Veiga de Dentro

Prado

2

1

25

396

12

Hros. de José Álvarez López

1

160

Veiga de Dentro

Prado

15

236

13

Mª Aurora Buján Fernández

1

159

Veiga de Dentro

Labor

16

173

14

Mª Teresa Vázquez López

1

157

Veiga de Dentro

Carballeira

1

80

15

Julio Alberto Rodríguez Cortiñas

1

156

Veiga de Dentro

P. Chopo

14

239

16

Jesús Vázquez Rodríguez

1

155

Veiga de Dentro

Prado

42

662

17

José Alberto Rodríguez López

1

152

Veiga de Dentro

Prado

6

95

18

María Olga Álvarez López

1

148

Veiga de Dentro

Prado

22

346

19

Descoñecido

1

144

Veiga de Dentro

Prado

16

208

20

Hros. de María Sara Pérez González

1

142

Veiga de Dentro

Prado

52

21

Hros. de Enrique González Rodríguez

1

143

Veiga de Dentro

Carballeira

31

22

Ramón González Carnero

1

141

Veiga de Dentro

Carballeira

3

2

20

282

23

Hros. de Ramón Rodríguez Sánchez

1

137

Veiga de Dentro

Prado

26

419

24

Hros. de Fernando López Martínez

1

136

Veiga de Dentro

Carballeira

27

332