Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de setembro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01358-O-2020 e dez máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-01358-O-2020 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF
persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

LU-01358-O-2020

3594-KYL

52933243P

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %

14.9.2020; 19.30; N-634; 639,5

Artigo 141.2 da LOTT. Artigo 198.3 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT.

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

PO-00262-S-2020

7861-FCN

35446093B

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

3.12.2019; 12.20; Rúa Orgo do Monte

Artigo 141.21 da LOTT. Artigo 198.25 do ROTT

Artigo 201.d) do ROTT. Artigo 143.1 da LOTT

401 euros

PO-01058-O-2020

IB-1073-CF

X1569987F

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

11.2.2020; 17.43; PO-11; 3,5

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01102-O-2020

4904-CLX

53610697C

Transportar mercadorías perigosas en vultos utilizando envases, embalaxes, recipientes, GRG ou grandes embalaxes que carezan dalgún dos requisitos técnicos exixidos.

13.2.2020; 12.13; A-55; 10,0

Artigo 141.25 en relación co 140.15.18 da LOTT. Artigo 198.30 en relación co 197.16.18 do ROTT

Artigo 143.1.k) en relación co i) da LOTT

801 euros

PO-01103-O-2020

4904-CLX

53610697C

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

13.2.2020; 11.52; A-55; 10,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.15.8 da LOTT.
Artigo 198.30 en relación co 197.16.8 do ROTT

Artigo 143.1.k) en relación co i) da LOTT. Artigo 201.i) do ROTT

801 euros

PO-01107-O-2020

5073-DPW

77007065Y

Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.2.2020; 23.46; A-52; 278,3

Artigo 141.25 en relación co 140.35 da LOTT.

Artigo 198.30 en relación co 197.40 do ROTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra d) da LOTT

601 euros

PO-01292-O-2020

6341-BJW

X0586466N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

13.3.2020; 11.24; A-55; 11,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01360-I-2020

53976718L

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas, cando non se deba cualificar como moi grave por algún dos supostos do artigo 197.13 do ROTT.

24.8.2020

Artigo 141.4 da LOTT. Artigo 198.5 do ROTT

Artigo 201.f) do ROTT. Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

PO-01419-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

30.4.2020; 22.10; PO-531; 0,8

Artigo 141.14 da LOTT. Artigo 198.18 do ROTT

Artigo 201.1.e) do ROTT.
Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

PO-01715-O-2020

7284-GVP

44425970K

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.6.2020; 19.10; PO-250; 1,2

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-01306-O-2020

2970-KRN

32704928D

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

2.12.2019 18.50; AC-546; 3,045

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros