Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución do centro de transformación de intemperie Cela I, no concello de Bueu.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución do CTI Cela I, no concello de Bueu, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 22 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/188-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do CTI Cela I.

Concello: Bueu.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Enderezo

Data

Hora

1

36004A048002760000QI

Descoñecida

Descoñecido

11 de novembro de 2021

12

2

36004A048002180001WJI

Descoñecida

Descoñecido

11 de novembro de 2021

12