Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de setembro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-01555-S-2020).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador PO-01555-S-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador se encontra á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF
persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

PO-01555-S-2020

1561-DXK

39463403A

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

12.5.2020; 13.05; estrada N-120; 656,5

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 197.19 do ROTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros