Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a revisión da autorización ambiental integrada de Hijos de Rivera, S.A.U. para a planta de fabricación de cervexa na Coruña (expediente 2020-IPPC-M-46).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

Hijos de Rivera, S.A.U.; Memoria de revisión da AAI na Coruña (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-46.

Peticionario: Hijos de Rivera, S.A.U.

CIF: A15002637.

Razón social: rúa José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña (A Coruña).

Localización da instalación: polígono industrial da Grela-Bens (A Coruña).

Actividade: planta de fabricación de cervexa.

Descrición: Hijos de Rivera, S.A.U. desenvolve a súa actividade produtiva no polígono industrial da Grela-Bens, pertencente ao concello da Coruña, e dedica a súa actividade á elaboración de cervexa en distintas modalidades.

O día 4.12.2019 publícase a Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, polo que a empresa presenta o proxecto para a revisión e adaptación da instalación ás obrigas establecidas.