Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2021/59 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: NS 70626 desvío CT 9817 Outeiro de Rei, liña soterrada de media tensión e centro de transformación.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20211887 con data do 28 de xuño de 2021.

Características técnicas:

– Liña soterrada de media tensión a CT 9817 Outeiro de Rei, con orixe no paso aéreo a soterrado en apoio existente da liña aérea de media tensión derivación a CT 9817 Outeiro de Rei e final no CT proxectado (9817) Outeiro de Rei, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RHZ1-150.

– CT prefabricado (9817) Outeiro de Rei, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA (transformador existente en CT que se vai desmontar) no cal se instala unha cela de liña e unha de protección (existentes en CT que se van desmontar), relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 21.730,12 €.

Documentación complementaria:

– Separata para o Concello de Outeiro de Rei.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve, en relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e o técnico competente deberá realizar a dirección da obra.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de setembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo