Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 6 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/0170-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza firme do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, ditada no procedemento 250/2018, polo accidente laboral do traballador Daniel Zas Alonso.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (8.7.2015).

• Escrito de alegacións (22.7.2015).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2015/0170-4.

Acta: I362015000050960.

Empresa: José Luis Piñeiro Franco.

Enderezo: Meira, 67, Cuntis.

Vigo, 6 de setembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra