Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución pola que se declara a necesidade de ocupación dun ben necesario para o desenvolvemento dos traballos na concesión de explotación Casalonga número 6996, no termo municipal de Teo, da provincia da Coruña (expediente IN334A 2020/01-1).

En cumprimento do disposto na Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no seu regulamento, do 26 de abril de 1957, de conformidade coa Lei 22/173, do 21 de xullo, de minas, e demais normas vixentes de aplicación, mediante o presente acordo dáse publicidade á Resolución do 17 de agosto de 2021, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na cal se resolve:

«1. Declarar a concreta necesidade de ocupación do ben que se describe a seguir a favor de Toca y Salgado, S.L. (Toysal) como titular da concesión de explotación Casalonga núm. 6996, necesario para o desenvolvemento dos traballos de aproveitamento en condicións de seguridade, da forma lóxica, menos molesta e máis directa.

Franxa do antigo trazado da DP 0205 de Bertamiráns á Ramallosa, situada no termo municipal de Teo, que foi desafectada e permutada pola Deputación Provincial da Coruña á mercantil Camilo Carballal, S.L. polo Acordo plenario do 30 de marzo de 2006, segundo a representación do plano de febreiro de 2021 de “Límites do tramo sobre o que se solicita a expropiación parcelaria”, cuxo actual titular é Manuel Carballal Pazos por contrato de compravenda do 20.7.2007.

2. Publicar a presente resolución de declaración da concreta necesidade de ocupación, que inicia o trámite expropiatorio pola vía ordinaria, en igual forma que a prevista no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa, notificar esta ás persoas interesadas no procedemento expropiatorio e, así mesmo, de conformidade con artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dar unha resposta razoada a aquelas persoas que compareceron no trámite de información pública.

3. Para os efectos do artigo 20 da Lei de expropiación forzosa, o interesado con quen se entenderán os sucesivos trámites é Manuel Carballal Pazos, segundo a definición dos artigos 3 e 4 da dita lei».

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

O que se fai público de conformidade cos artigos 18 e 21 da Lei de expropiación forzosa, e consecuentes do seu regulamento, para o coñecemento xeral, con indicación de que o texto íntegro da resolución pode consultarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

A Coruña, 18 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña