Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 2 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Barrosino, no concello da Baña (expediente IN408A 2019/30).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Domicilio social: Torre Serrano, rúa Marqués de Villamagna, nº 3, 5ª planta, 28001 Madrid.

Domicilio para os efectos de notificacións: rúa das Hedras, nº 6, baixo i, 15895 O Milladoiro-Ames (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Barrosino.

Municipio afectado: A Baña (A Coruña).

Potencia que se instalará: 13,5 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 3 ud. × 4,5 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 43.425 Mwh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.217 horas.

Orzamento de execución material: 11.160.152,80 €.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Barrosino

A.D.E.

ADE I-9-1 Alto da Pedrida Santa Mariña

Parque eólico Barrosino

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

P1

518.455,00

4.759.208,00

A Baña

P2

521.820,00

4.759.208,00

A Baña

P3

521.820,00

4.755.065,00

A Baña

P4

518.455,00

4.754.065,00

A Baña

Parque eólico Barrosino

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

BA1

520.435

4.757.977

A Baña

BA2

519.924

4.758.296

A Baña

BA3

520.926

4.756.626

A Baña

Parque eólico Barrosino

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM

520.462

4.757.500

A Baña

Parque eólico Barrosino

Centro de seccionamento

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

C.S.

520.132

4.757.658

A Baña

Parque eólico Barrosino

Vértices da envolvente C.S.

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

P1

520.120,93

4.757.669,73

A Baña

P2

520.166,98

4.757.676,41

A Baña

P3

520.167,50

4.757.651,22

A Baña

P4

520.120,69

4.757.644,43

A Baña

Características técnicas da instalación:

• Tres (3) aeroxeradores tripá, de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 127,5 m e un diámetro do rotor de 145 m.

• Tres (3) centros de transformación trifásicos montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, potencia aparente unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) torre meteorolóxica de medición de ata 127,5 metros de altura total.

• Un (1) centro de seccionamento formado por dous edificios prefabricados cun sistema de 30 kV, da seguinte maneira:

– Un edificio prefabricado de celas de media tensión, dedicado a albergar as celas de posición de liña, dúas (2) para a chegada das liñas de cada circuíto desde o parque eólico e unha (1) da saída de liña, unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares e unha (1) cela de medida de tensión de barra.

– Un edificio prefabricado de control, onde se instalarán os cadros de control, servizos auxiliares e proteccións correspondentes, xunto cos equipamentos de mando control e protección de 30 kV e os servizos comúns.

– A superficie construída é de aproximadamente 32,28 m2.

• O sistema colector de media tensión está formado por dous (2) circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata o centro de seccionamento de 30 kV. O primeiro dos circuítos enlaza os aeroxeradores BA01 e BA02 co centro de seccionamento do parque, mentres que o segundo circuíto fai o oportuno co terceiro aeroxerador BA03. O tipo de cable utilizado para a rede colectora de media tensión será RHZ1-2OL H16 Cu 18/30 kV Al sen armadura de seccións 95 e 150 mm².

• A posta á terra da rede de media tensión está constituída por un cable de cobre nu, de sección mínima 50 mm², tendido ao longo da canalización de media tensión e á mesma profundidade ca esta. O sistema de posta á terra será único para a totalidade do parque eólico.

• Pola mesma gabia das citadas liñas de media tensión instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con 24 fibras de 9/125 μm, armado con fibra de vidro, e que se empregará para a monitorización e o control do parque eólico.

• O centro de control do parque instalarase na subestación do clúster (Troitomil), non incluído neste proxecto.

• Desde o centro de seccionamento, a enerxía evacuarase a través dunha liña aérea de 30 kV obxecto doutro proxecto (IN408A 2020/158) ata a subestación do clúster (SET Troitomil 30/132 kV, expediente IN408A 2017/24), onde se elevará a tensión para evacuar conxuntamente cos demais parques do clúster ata o punto de conexión á rede. As ditas instalacións son obxecto de proxectos independentes.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (agosto 2021-vsdo. 5.8.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (agosto 2021-asdo. 5.8.2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) (novembro 2020_rev 1-vsdo. 5.8.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 62, así como no Concello da Baña (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/barrosino

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 2 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña