Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 25 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2021/264 e un máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/nº expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2021/264

01849399S

Resolución

8.3.2021

PR905A 2021/813

55148232M

Resolución

19.7.2021