Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria de xestión da biomasa por incumprimento do obrigado (XEST 1060/2020 URB 26/2020).

Visto o expediente en trámite para lograr a xestión da biomasa existente nas parcelas 831 e 833 do polígono 4 en Santa María de Oia, propiedade de Residenciales Oia, S.L., segundo información catastral, no cal foi incoado expediente de orde de execución contra o titular, polo Decreto 240/2021, do 11 de maio de 2021.

Visto que, resultando rexeitada a notificación electrónica, o decreto de orde de execución foi obxecto de publicación no DOG e no BOE de acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, os días 16 e 18 de xuño de 2021 respectivamente.

Transcorridos os prazos concedidos para efectuar a limpeza ordenada e a facultade de realizar alegacións sen noticias do titular obrigado á xestión da biomasa ordenada, emítese novo informe técnico que invoca as facultades de execución subsidiaria que o artigo 22.4 da Lei 3/2007 atribúe a esta alcaldía, decrétase o inicio do expediente de execución subsidiaria por parte do Concello, con liquidación de custos ao obrigado (Decreto 410/2021).

Rexeitada unha vez máis a notificación electrónica, e co fin de poder continuar co procedemento, ordénase a publicación no DOG e no BOE do contido da resolución referida:

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria da xestión da biomasa ordenada polo Decreto 240/2021, contra Residenciales Oia, S.L., por incumprimento do obrigado, por conta do Concello, para garantir a seguridade das personas e bens en risco, co seguinte detalle:

Nº expte.

Ref. catastral

Data notificación/

publicación

Parroquia

Lugar/polígono/

parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión de biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

1060/2020

36036A004008310000QF

DOG do 16.6.2021

BOE do 18.6.2021

Mougás

A Mata/4/831

0,0850

143,56 €

9.7.2021

Residenciales Oia, S.L.

36036A004008330000QO

DOG do 16.6.2021

BOE do 18.6.2021

Mougás

A Mata/4/833

0,0533

90,02 €

Segundo. Aprobar a liquidación provisional dos custos que a xestión da biomasa suporá para o concello de Oia, tendo en conta a superficie afectada e que ciframos en 143,56 € na parcela 831 e en 90,02 € na parcela 833.

Terceiro. Notificar esta á interesada, co réxime de recursos que proceda, e indicar os prazos para o pagamento, en voluntaria e en executiva, da liquidación de custos que se aproba.

Cuarto. Dar conta ao Pleno na primeira sesión ordinaria que teña lugar.

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, que ascende a 233,58 €, requíreselle o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia en Banco Pastor, número ES24/0238/8336/4606/6000/0173, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abriráse o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 10 de agosto de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa