Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (XEST 1043/2021 URB 28/2021).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio, logo de intentar a notificación da orde de execución no último enderezo coñecido e resultar infrutuosa, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

1043/2021

Urb. 28/2021

Polígono 19, parcela 87, Vilar, Pedornes

Manuel Pombal Carabelos

Notificación infrutuosa

36036A019000870000QW

1043/2021

Urb. 28/2021

Polígono 19, parcela 114, Vilar, Pedornes

Rafael Pombal Campos

Notificación infrutuosa

36036A019001140000QZ

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 10 de agosto de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa