Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de agosto de 2021, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-19/2021.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Sección de Inspección e Sancións do IGVS de Lugo.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, no Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 11 de agosto de 2021

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 5.6.2019)
Belén da Riva López
Xefa do Servizo Técnico de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-19/2021.

NIF: 33810937V.

Acto obxecto de notificación: proposta de resolución do expediente sancionador.