Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41661

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de agosto de 2021 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e polas ordes do 2 de marzo de 2020, do 16 de novembro de 2020 e do 3 de xuño de 2021 polas que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

O 28 de xullo de 2021 a Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias comunicou a súa proposta de modificación das persoas representantes desta entidade no Consello da Economía Social de Galicia como consecuencia do cambio na composición do seu consello reitor.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.

Que cese José Severino Montes Pérez como vogal titular, Emilio Rodríguez Felipe como vogal suplente e José Manuel López Tellado como vogal suplente, en representación das entidades da economía social de Galicia.

Segundo.

Nomear a Carmen Rodríguez Rodríguez como vogal titular, Xoán Antonio Allegue López como vogal suplente e a Rafael Tejeda Vázquez como vogal suplente, en representación das entidades da economía social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira de Emprego e Igualdade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade
P.S. (Artigo 7.i) do Decreto 215/2020, do 3 de decembro;
DOG núm. 253, do 17 de decembro)
Mª Fe Alvedro Riveiro
Vicesecretaria xeral da Consellería de Emprego e Igualdade