Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41660

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se desenvolven determinados aspectos da ordenación académica nas modalidades deportivas de ensinanzas de réxime especial implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 145, do 30 de xullo de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 38677, artigo 9, punto 2, onde di: «formación práctica o persoa», debe dicir: «formación práctica a persoa».

Na páxina 38680, artigo 13, punto 1, onde di: «do alumnado o centro docente», debe dicir: «do alumnado ao centro docente».

Na páxina 38682, artigo 16, letra e), onde di: «Materiais curriculares e recursos», debe dicir: «Materiais curriculares, e recursos».

Na páxina 38684, artigo 18, punto 1, letra e), onde di: «Asistir ao alumnado como administrador/a dos recursos», debe dicir: «Asistir ao alumnado como administrador dos recursos». Na páxina 38686 do mesmo artigo, no punto 7, onde di: «referidos a impartición», debe dicir: «referidos á impartición».

Na páxina 38689, artigo 21, punto 3, onde di: «A Xefatura territorial», debe dicir: «A Xefatura Territorial».

Na páxina 38691, artigo 24, punto 4, onde di: «aterse ao disposto na disposición adicional décimo primeira», debe dicir, «aterse ao disposto na disposición adicional décimo segunda».

Na páxina 38694, artigo 28, punto 2, onde di: «de presidente/a un/unha inspector/a», debe dicir: «de presidente/a preferentemente un/unha inspector/a». No mesmo artigo, punto 3, onde di: «será presidido por unha persoa inspectora de educación», debe dicir: «será presidido preferentemente por unha persoa inspectora de educación».

Na páxina 38701, artigo 36, punto 6, onde di: «A resolución da xefatura territorial», debe dicir: «A resolución da Xefatura Territorial».

Na páxina 38722, artigo 57, punto 2, onde di: «título de Técnico deportivo», debe dicir: «título de técnico deportivo».