Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021 polo que se notifica a execución subsidiaria da orde de demolición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/65-0.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de abril de 2021, resolución pola que se dispón a execución subsidiaria por conta do obrigado (DNI 34247856M) e os seus habentes-causa, da Resolución do 2 de xuño de 2008 que ordenou ao interesado, con DNI 34247856M, a demolición de tres edificacións destinadas a vivenda unifamiliar, no lugar de Canibelos, San Tomé, no termo municipal de Ourense.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística