Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021 polo que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/66/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de decembro de 2021, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 11 de agosto de 2015 e do 8 de agosto de 2016, en que se declaran ilegalizables as obras de abancalamento do terreo para a creación de explanadas e muros de contención a base de escolleiras para a construción de edificacións para actividade de turismo rural, no lugar de Conforto, no termo municipal da Pontenova, provincia de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución á entidade, con NIF 74250168B, e ao seu representante, con DNI 76577819D, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística