Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 11 de xuño de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 10ª do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de abril) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación para achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 988 38 58 48/988 36 91 11.

Para que conste, sirve de notificación ás persoas interesada se en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación aásúa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 11 de xuño de 2021

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/pasaporte

201801965

X3631211V

202007629

44487284V

202100090

46564326K

202006750

Y00577209S

202004964

Y05517120D

202006240

36151789K

202006243

X00270676N

202004816

011698645V

202005153

011698645V

202005822

X01842868Q

202005506

X03710880Z

202007517

Y01354951N

202006036

034269626V

202100798

76711247Z

202100659

49682071R

201807321

26071648K