Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, co procedemento abreviado 219/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, tramítase o recurso 219/2021 (procedemento abreviado), interposto por Amalia Oubiña González fronte á Resolución do 22 de abril de 2021, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria do recurso de reposición interposto o 18 de decembro de 2020, fronte á Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 238, do 25 de novembro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos