Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de xullo de 2021 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2021000123 e vinte e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlles ás persoas que se relacionan no anexo, mediante esta cédula, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

Segundo. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Terceiro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto
que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01972 itinerario peonil e ciclista na PO-307. Treito: Deiro-ponte da Illa de Arousa (p.q. 0,000 a 1,650). Clave: PO/16/101.06. Termo municipal de Vilanova de Arousa

Hrdos. Camilo Abal Vázquez

29.4.2021

2021000123

130

01953 parque eólico Monciro. Expediente 118-EOL

Manuel Pérez Pérez (rpte. hrdos. de Josefa Pérez Gandoy)

29.4.2021

2021000061

251 (POL)

Manuel Pérez Pérez (rpte. hrdos. de Josefa Pérez Gandoy)

29.4.2021

2021000060

250 (POL)

Manuel Pérez Pérez

29.4.2021

2021000059

249 (POL)

Manuel Pérez Pérez

29.4.2021

2021000062

253 (POL)

Manuel Pérez Pérez

29.4.2021

2021000063

254 (POL)

Manuel Pérez Pérez

29.4.2021

2021000064

255 (POL)

Manuel Pérez Pérez

29.4.2021

2021000065

306 (POL)

José Piñeiro Villarino

29.4.2021

2021000063

254 (POL)

01953 parque eólico Monciro. Expediente 118-EOL

Mercedes Campos Díaz

29.4.2021

2021000059

249 (POL)

Mercedes Campos Díaz

29.4.2021

2021000062

253 (POL)

José Gandoy González

29.4.2021

2021000060

250 (POL)

José Gandoy González

29.4.2021

2021000061

251 (POL)

Manuel Pérez Pérez (rpte. hrdos. Josefa Pérez Gandoy)

29.4.2021

2021000058

248 (POL)

01984 parque eólico Sasdónigas fase II. Expediente LU-11/125-EOL

Paulino López Maseda

27.5.2021

2021000230

89

Paulino López Maseda

27.5.2021

2021000232

92

Paulino López Maseda

27.5.2021

2021000237

101

Paulino López Maseda

27.5.2021

2021000249

129

Paulino López Maseda

27.5.2021

2021000267

182

01980 conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria. Treito á Pobra de San Xiao. Clave: LU/17/005.01. Termo municipal do Páramo

Ildefonso Campo Amor

29.4.2021

2021000203

10

José María Loureiro García

29.4.2021

2021000209

27

01959-PLISAN inclusión de bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas do TSXG

Marina González Fernández

25.3.2021

2020001466

61, 225, 417 e 564