Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, por promoción interna, dunha praza de oficial-xefe da Policía Local do Concello de Neda.

No BOP da Coruña número 114, do 18 de xuño de 2021, publícanse as bases reguladoras do procedemento para a provisión por promoción interna dunha praza de oficial, vacante do corpo da Policía local deste concello.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia, o que máis tarde se produza.

Neda, 18 de xuño de 2021

Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde