Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante concurso, dun posto de traballo de administrativo, reservado a persoal funcionario de carreira.

No BOP da Coruña número 114, do 18 de xuño de 2021, publícanse as bases reguladoras do procedemento para a provisión, mediante concurso, dun posto de traballo de persoal funcionario de carreira, que ten asignada unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, incluída no cadro de persoal deste concello.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia, o que máis tarde se produza.

Neda, 18 de xuño de 2021

Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde