Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica o acto administrativo relativo ao procedemento BS403B (expediente 2019-00012087).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificase a través deste anuncio o requerimento de emenda e mellora da solicitude que inicia o procedemento, ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018).

Para estes efectos, emprázase a persoa interesada que figura no anexo I, por si mesma ou a través do seu representante legal, para que compareza, no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición o expediente, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora da solicitude, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advirtese que, de non facer a emenda no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, practicada por comparecencia, se considerará que desiste da solicitude, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitude suxeita a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/ NIE/ Pasaporte

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación que
debe presentar

FU627676

BS403B-2019-00012087

Requirimento do 5.10.2020

D.3, D.7, D.8, D.9

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto.

D.2

Anexo II debido cuberto.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante.

D.4

Copia do DNI ou NIE ou pasaporte da persoa cónxuxe/parella.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial.

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante.

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante.

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida.

D.11

Acreditación da representación.