Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2019-00002681 e cinco máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos, de conformidade co establecido na Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018).

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si mesmas ou a través dos seus representantes legais, para compareceren no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución denegatoria (procedemento BS403B)

Persoa interesada DNI/NIE/ pasaporte

Núm. de expediente

76926977G

BS403B-2019-00002681

X2639760G

BS403B-2019-00010553

72826928G

BS403B-2019-00010864

06705822B

BS403B-2019-00012031

Y4188870D

BS403B-2019-00013031

FX517199

BS403B-2019-00013322