Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a imposición da primeira multa coercitiva do expediente sancionador en materia de talleres IN635C 2020/98-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a imposición da primeira multa coercitiva do expediente sancionador en materia de talleres, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada no último requirimento e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, nos prazos que determine a lexislación vixente.

Pontevedra, 15 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2020/98-4.

Interesado:

DNI: Y1462594S.

Acto notificado: multa coercitiva.