Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de varios expedientes sancionadores en materia de talleres (expediente IN635C 2020/100-4 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador en materia de talleres, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinaren o expediente nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegaren a documentación solicitada e presentaren as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, nos prazos que determine a lexislación vixente.

Pontevedra, 15 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2020/100-4.

Interesado:

DNI: 53611255A.

Acto notificado: resolución.

Expediente sancionador: IN635C 2020/101-4.

Interesado:

DNI: 36171056Z.

Acto notificado: resolución.