Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a afección de varios predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Lalín, na provincia de Pontevedra (expediente IN407A 2021/56-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2021/56-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que queiran acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través del teléfono 986 80 52 48.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 15 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforma LMTA LAL803 en Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo de Arriba.

Municipio: Lalín.

Nº predio

Lugar

Referencia catastral

Nº apoio

m2

ml aéreos

m² aéreos

1

Carballas

36024A029002510000AP

1

1,96

2

Revoltas

36024A029002480000AP

2

14,44

3

Porto Chao

36024A029002470000AQ

3

9,2

4

O Castro

36024A028001450000AP

4

2,89

5

Agrelo

36024A031000400000AU

5

1,44

6

Prado do Cuberto

36024A031000370000AU

6

19,44

92,0

425,7

7

Zarrolo de Agrelo

36024A031002640000AH

35,0

176,3