Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 31980

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se nomean representantes dos intereses sociais nos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

A Lei 6/2013, no seu artigo 77.3, establece que a representación dos intereses sociais no Consello Social lles corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades; un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.

A duración do mandato dos representantes dos intereses sociais será de catro anos, renovable por unha soa vez, segundo o establecido no punto 6 do citado artigo 77. Cumprido o mandato máximo de parte dos representantes nos consellos sociais das universidades do SUG, corresponde o nomeamento de novos representantes.

Cada unha das institucións e entidades previstas na citada Lei 6/2013 remitiu aos consellos sociais respectivos, e estes á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a comunicación coa designación dos seus representantes.

O Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 26 de maio de 2021, aprobou a designación dos representantes da Xunta de Galicia nos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia:

Todas as persoas designadas, en cumprimento do artigo 78 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, xuntan declaración xurada de compatibilidade na súa condición de persoa membro.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

– Nomear os representantes dos intereses sociais no Consello Social da Universidade da Coruña.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Mar Barcón Sánchez.

Natalia Barreiro Mata.

Mª José Bravo San José.

Manuel Ángel Jove Santos.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Francisco Javier Abad Pardo.

Emilio Bruquetas Serantes.

Mª Luisa Cid Castro.

Gonzalo Ortiz Amor.

José Luis Veiga Castiblánquez.

Telesforo Veiga Rial.

c) Designados pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Clara de Lorenzo Rodríguez.

Andrés Lucendo Monedero.

Artigo 2º

– Nomear os representantes dos intereses sociais no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez.

Mª del Carmen Quintas Cruceira.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Juan Luis Méndez Rojo.

Carmen Lence Ferreiro.

Aida Rodríguez Aspirichaga.

c) Designados pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Carlos Cebrián Escobar.

Guadalupe Hervera Iglesias.

José Villarnovo Faraldo.

d) Designados polo Concello de Lugo:

Jaime Luis López Vázquez.

Artigo 3º

– Nomear os representantes dos intereses sociais no Consello Social de Vigo.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Xulio Calviño Rodríguez.

Mª de los Ángeles García Míguez.

Yolanda López Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

María Teresa Cendón Alonso.

Silvia Crespo Tobío.

Antonio Martiño Gómez.

Ana Ortiz Álvarez.

Gerardo Ramón Pérez Puga.

c) Designados pola Confederación de Empresarios de Ourense:

María Sol Novoa Rodríguez.

d) Designados pola Confederación de Empresarios de Pontevedra:

César Blanco Gómez.

e) Designados polo Concello de Vigo:

Mercedes Castro Mouzo.

f) Designados polo Concello de Ourense:

Armando Ojea Bouzo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade