Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 31984

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se clasifica de interese para o desenvolvemento rural de Galicia a Fundación Terreo.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 115, do 18 de xuño de 2021, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 30514, no punto cuarto dos feitos, onde di: «O padroado inicial da fundación está formado por Roberto Fernández Rico, como presidente; Alberto Ferreiro Ferreiro, como vicepresidente; e María del Pilar Tella Mazoy, como secretaria», debe dicir: «O padroado inicial da fundación está formado por Roberto Fernández Rico, como presidente; Alberto Ferreiro Ferreiro, como vicepresidente; María del Pilar Tella Mazoy, como secretaria, e María Encarnación Álvarez Méndez, como vogal».