Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 31978

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 21 de xuño de 2021 pola que se nomea vogal do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública unha persoa titular de subdirección da dirección xeral competente en materia de emerxencias e interior.

A Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, crea a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) como un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellería competente en materia de interior e xustiza.

No artigo 8 da referida Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, determínase que o Consello Reitor da Agasp está formado por unha persoa titular da presidencia, unha persoa titular da vicepresidencia, oito persoas titulares das vogalías e unha persoa titular da secretaría. No punto 3.a) deste artigo determínase que son vogais do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública dúas persoas titulares de subdireccións da dirección xeral competente en materia de emerxencias e interior.

De acordo co exposto, e por pasar a desempeñar outro cargo o anterior titular da Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, mediante esta orde realízase o nomeamento de vogal do Consello Reitor da Agasp, en favor do novo titular da referida Subdirección Xeral, Andrés Iglesias López.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como novo vogal do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública, na súa calidade de subdirector xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Andrés Iglesias López.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo