Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31696

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín

EDICTO (73/2020).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 73/2020, seguido por instancia de Volkswagen Renting, S.A., contra Jacobo Ordóñez Cerviño, en que se ditou a Sentenza nº 24/2021, do 26.2.2021, cuxo encabezamento e parte dispositiva literalmente dispón:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Noemí González Camba.

Lugar: Marín.

Data: Marín, 26 de febreiro de 2021.

Vistos por Noemí González Camba, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín, os presentes autos de procedemento ordinario rexistrados co núm. 73/2020, sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de Volkswagen Renting, S.A., representada pola procuradora Laura Isabel Queiruga Álvarez e asistida polo letrado Enrique Domingo Osle, fronte a Jacobo Ordóñez Cerviño, en situación de rebeldía procesual, dita a presente resolución.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda interposta pola representación procesual de Volkswagen Renting, S.A. fronte a Jacobo Ordóñez Cerviño e condénase a este a que aboe á demandante a cantidade de 9.947,33 euros máis os xuros legais desde a interposición da demanda e ata o ditado da presente resolución, a partir da cal se devindicará o xuro do artigo 576 da LAC.

Condénase o demandado ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación mediante escrito que se presentará ante este mesmo xulgado. Indíquese ao recorrente que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non acredita documentalmente a constitución do depósito de 50 € exixido pola disposición adicional décimo quinta da LOPX, así como a liquidación da taxa xudicial.

Así, por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Jacobo Ordóñez Cerviño, con NIF 54321993-H, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Marín, 5 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza