Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31693

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (MMC 51/2021).

MMC modificación de medidas suposto contencioso 51/2021

Procedemento orixe: /

Sobre: modificación medidas

Demandante: Juan Carlos Herrera Cardona

Procuradora: Laura de León Elías

Demandada: Yoanny Nathaly Rosario Rosario

No procedemento de referencia foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 415/2021

Ourense, 31 de maio de 2021

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre modificación de medidas definitivas, promovidos por Juan Carlos Herrera Cardona, representado pola procuradora Laura de León Elías e asistido polo letrado José Luis López Blanco, contra Yoanny Nathaly Rosario Rosario, en situación de rebeldía procesual; con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Que, estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Laura de León Elías, en nome e representación de Juan Carlos Herrera Cardona contra Yoanny Nathaly Rosario Rosario, acordo a modificación das medidas definitivas establecidas na sentenza do 3 de xuño de 2019, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense no procedemento de garda e custodia de mutuo acordo número 542/2017, respecto do menor G. H. R. nos seguintes particulares:

1. A atribución da garda e custodia do menor ao pai, con titularidade conxunta da patria potestade conxunta, aínda que atribuíndo en exclusiva ao pai o exercicio das facultades inherentes á patria potestade.

En consecuencia, procede atribuír en exclusiva ao pai, Juan Carlos Herrera Cardona, a facultade para decidir sobre permisos e autorizacións relativas á escolarización do menor, así como para autorizar excursións, viaxes, saídas ao estranxeiro, etc. e para trámites administrativos tales como a obtención ou renovación do pasaporte, petición de axudas públicas e outros documentos ou trámites administrativos, sen necesidade de contar coa autorización do outro proxenitor.

2. Canto ao réxime de visitas, a proxenitora non custodia, no caso de regresar a España e fixar aquí a súa residencia, poderá ter consigo o menor unha fin de semana ao mes (que, na falta de acordo, será a primeira fin de semana do mes, desde o venres ás 20.00 ao domingo ás 20.00).

A entrega e recolla dos menores realizarase no domicilio do pai en Ourense.

Respecto ás vacacións escolares e os tempos de estadía con ambos os proxenitores:

– Nas vacacións de verán, distribuiranse por quincenas, da seguinte maneira: desde o 1 de xullo ás 20.00 horas, ata o 15 de xullo ás 20.00 horas. O segundo período de permanencia terá o seu inicio o día 15 de xullo ás 20.00 horas, ata o 1 de agosto ás 20.00 horas. O terceiro período, desde o 1 de agosto ás 20.00 horas ao 15 de agosto ás 20.00 horas. O último período de vacacións de verán comprenderá desde o 15 de agosto ás 20.00 ata as 20.00 horas do 31 de agosto. Corresponderalle ao pai o primeiro e o terceiro período nos anos pares e á nai nos impares, e o segundo e o cuarto nos anos impares ao pai e á nai nos pares.

– Nas vacacións de Nadal, corresponderán por metade a cada proxenitor as vacacións escolares, sendo a primeira metade desde o día de inicio das vacacións escolares ata as 19.00 horas do 30 de decembro e a segunda metade desde as 19.00 horas do 30 de decembro ata o domingo posterior ao seis de xaneiro ás 20:00 horas, en que comezará novamente a alternancia. A primeira metade corresponderalle ao pai nos anos pares e a segunda nos impares. As entregas e as recollas serán no domicilio no que estiver a menor.

– As vacacións de Semana Santa e Entroido serán desfrutadas alternativamente e anualmente por cada proxenitor, de forma tal que a nai terá consigo a menor as semanas santas dos anos impares e os entroidos nos anos pares, desde a saída do colexio ata as 20.00 horas do día inmediatamente anterior ao comezo das clases.

– O proxenitor que se atope cos fillos permitirá e facilitará en todo momento a comunicación telefónica ou telemática co outro, informando previamente do número de teléfono onde pode localizar os menores.

3. Fíxase unha pensión de alimentos que deberá aboar a nai polo importe de 150 € mensuais, que se ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe para o efecto a nai, actualizable cada 1 de xaneiro conforme o IPC ou índice que o substitúa.

Canto aos gastos extraordinarios, distribuiranse ao 50 %, entendendo e diferenciando entre os necesarios (aqueles gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social e os derivados da educación dos fillos, como clases de apoio) e os non necesarios, sendo que nestes últimos deberá existir consenso para a súa realización e aboamento e, en caso de non existiren, serán asumidos polo proxenitor que decidise levalos a cabo.

Decláranse de oficio as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela procede recurso de apelación que deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Yoanny Nathaly Rosario Rosario expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 31 de maio de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza