Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31698

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (56/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 56/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vilar Santos contra Construcciones Figueiras Vixán, S.L., sobre despedimento, se ditou auto de despacho de execución en data 27.5.2021 pola cantidade de 36.862,50 € en concepto de indemnización e de 3.893,17 € en concepto de cantidades pendentes (total 40.755,67 €), máis outros 4.075,57 € que se orzan provisionalmente para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así mesmo, ditouse Decreto do 27.5.2021 en que se acorda requirir a Construcciones Figueiras Vixán, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficiente para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Acordouse o embargo de bens.

Contra este decreto cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma á empresa Construcciones Figueiras Vixán, S.L., en ignorado paradoiro, estando as resolucións e demanda executiva á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza