Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 549/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 549/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Marisa Arteixo, S.L., sobre procedemento ordinario 549/2019, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Auto:

A Coruña, 4 de febreiro de 2021.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola asistencia letrada da parte demandante presentouse demanda en materia de reclamación de cantidade contra Marisa Arteixo, S.L., Fíos, S.A., a administración concursal e o Fogasa, despois de sinalarse data de realización dos actos de conciliación e de xuízo para o día 1 de febreiro de 2021, ás 11.40 horas.

Segundo. Mediante escrito de data 29 de xaneiro de 2021 presentado conxuntamente pola asistencia letrada de ambas as dúas partes comunícaselle ao xulgado que estas acadaron un acordo co seguinte contido:

“Confecciones Fíos, S.A., en virtude do disposto no artigo 42.2 do ET, aboará ás traballadoras os importes sinalados no cadro seguinte:

María Ángeles Caamaño Bermúdez: 506,64 euros.

Rosa María Baldomir Rodríguez: 863,90 euros.

Inés Boedo Vázquez: 502,80 euros.

Fermina Amado Corzón: 325,03 euros.

Almudena Areosa Cambón: 733,76 euros.

Total: 2.932,13 euros.

Estas cantidades serán aboadas por transferencias bancaria nas contas facilitadas polas traballadoras no prazo de 72 horas hábiles desde a presentación deste escrito. Co aboamento destas cantidades as traballadoras considéranse saldadas e liquidadas en relación con Confecciones Fíos, S.A., sen ter nada máis que pedir ou reclamar en ningún concepto.

Pola parte demandante maniféstase que, aínda que no encabezamento da demanda se inclúe a Socorro Calviño Rodríguez, se trata dun erro material, xa que as diferenzas desta se encontran reclamadas noutro litixio.

Terceiro. Na tramitación observáronse as prescricións legais vixentes.

Parte dispositiva:

Homologo a transacción acadada no presente procedemento entre a parte demandante e a parte demandada nos literais termos sinalados no fundamento segundo da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Unha vez que sexa a presente resolución arquívense as actuacións, logo da súa baixa e anotación nos libros correspondentes.

Así o pronuncia, manda e asina a súa señoría».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marisa Arteixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza