Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29096

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (470/2020).

ORD. Procedemento ordinario 470/2020

Sobre outras materias

Demandante FCA Capital España Establecimiento Financiero de Crédito Procurador Rafael Barrios Pérez

Avogado: Rubén Pastor Villarubia

Demandada: Celia Estévez Álvarez

Eu, María del Mar Pino Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente edicto anuncio que neste procedemento ordinario seguido por instancia de FCA Capital España Establecimiento Financiero de Crédito fronte a Celia Estévez Álvarez se pronunciou sentenza, cuxo encabezamento e sentenza son do teor literal que é o seguinte:

«Sentenza nº 232/2020.

Vigo, 9 de decembro de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 470/2020 se seguen por instancia de FCA Capital España EFC, S.A., representada polo procurador Rafael Barrios Pérez e dirixida polo letrado Rubén Pastor Villarubia, contra Celia Estévez Álvarez, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de préstamo.

Decido:

Acollo parcialmente a demanda interposta por FCA Capital España, EFC, S.A., contra Celia Estévez Álvarez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Celia Estévez Álvarez a aboarlle a FCA Capital España, EFC, S.A., a cantidade de 12.484,90 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e non satisfeitos e máis ao capital anticipadamente vencido, así como o xuro moratorio reportado polo capital vencido e máis o anticipadamente vencido, calculado ao mesmo tipo do xuro remuneratorio, desde as datas dos seus respectivos vencementos.

2º. Non hai lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose esta demandada, Celia Estévez Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de febreiro de 2021

A letrada de la Administración de xustiza