Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29098

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (PO 891/2018).

Eu, María de la Concepción Albés Blanco, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 891/2018, seguido por instancia de Gregorio Ramos Torio contra Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 65/2020

Vigo, 22 de maio de 2020

Vistos por min, Paula Araújo López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, os autos do xuízo ordinario 891/2018, instado por Gregorio Ramos Torio, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Veiga Silva e asistido do letrado Sr. Romano Egea, contra Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L., declarada en situación procesual de rebeldía.

(…)

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Gregorio Ramos Torio, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Veiga Silva, contra Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Condénase a Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L. a outorgar a escritura pública de entrega e posta á disposición dos locais comerciais que constitúen os predios rexistrados no Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo cos números 76.011 e 76.013, libres de cargas e gravames, coa consecuente cancelación das inscricións que derivan na escritura pública de cesión do 4 de xullo de 2003 e anotacións posteriores.

Condénase a Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L. a outorgar escritura pública de compravenda a favor de Gregorio Ramos Torio (a través da súa titora legal, María Jesús Rodrigo Ramos) polo prezo de 31.553,13 euros máis o IVE correspondente, do predio rexistrado no Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo co número 76.009, libre de cargas e gravames, coa consecuente cancelación das inscricións que derivan na escritura pública de cesión do 4 de xullo de 2003 e anotacións posteriores.

Condénase a Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L. a indemnizar a Gregorio Ramos Torio (a través da súa titora legal, María Jesús Rodrigo Ramos) na cantidade de 413.972,91 euros polos incumprimentos en que incorreu en relación coa obrigación de entrega derivada do mencionado contrato de cesión do 4 de xullo de 2003, cantidade que haberá que compensar, pola súa vez, cos 31.553,13 euros máis IVE do prezo do predio rexistrado no Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo co número 76.009.

Cos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Impóñenselle as custas á demandada.

Notifíqueselles ás partes esta resolución indicando que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación conforme o disposto no artigo 458 da LAC.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

(…)

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

A maxistrada»

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Ogma Soluciones Inmobiliarias, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza