Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente-e IN407A 2020/205-1).

Expediente-e: IN407A 2020/205-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad S.A.

Instalación: recuamento da LMT, CT e RBT Cerrallo, no lugar do Zarrallo.

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O 16 de decembro do 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de evitar avarías que se están a producir no centro de transformación en caseta de obra civil denominada Cerrallo (expediente: 50.683-15CCZ9) por mor das enchentas do río Bardoso.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 19 de febreiro de 2021.

– DOG: 16 de marzo de 2021.

– BOP: 1 de marzo de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 5 de marzo de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario xeral do Concello de Carballo do 30 de marzo de 2021.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Servizo de Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universiade da Coruña e o Concello de Carballo. No día da elaboración do informe técnico non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural, á solicitude dos condicionados solicitados. O Concello de Carballo manifesta que UFD Distribución Electricidad, S.A. dispón de licenza de obra para as actuacións previstas no proxecto.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2021, do 11 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

• Reforma da LMT CBL701B: LMTA a 15 kV de 439 metros, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 5 proxectado de tipo C-16/2.000 que substitúe o existente de tipo C-16/1.000 da LMT CBL-701 B, no treito entre o CT Sofán (expediente: 6.357-15CCQ4) e o CT Cerrallo (expediente: 50.683-15CCZ9) que se vai substituír e remate no apoio número 9 existente de tipo HV-14/1.000 da LMT CBL-701 B, no treito entre o CT Cerrallo (expediente: 50.683-15CCZ9) que se vai substituír e o CT Sinande [expediente: 31.157-(expediente: 6.357-15AIK8)]. Desmantelamento da LMTA con condutor LA-30 existente entre apoio número 5 e o CT Cerrallo existente.

• Novo CT Cerrallo 160/17,5/15 B2 de intemperie cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Desmantelamento do CT Cerrallo (expediente: 50.683-15CCZ9) existente en caseta de obra civil situado no lugar do Zarrallo-Sofán-Carballo. O CT manterase desde a LMT CBL701B existente en condutor nu de tipo LA-30, que queda en derivada desde a liña proxectada en condutor nu de tipo A-56, no treito entre o CT Cerrallo (expediente: 50.683-15CCZ9) que se vai substituír e o CT Sinande (expediente 357-15AIK8).

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas adecuadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña