Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CAS801 apoios número 93-1 e 93-2-CT, no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/22-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CAS801 apoios nº 93-1 e 93-2-CT.

Situación: concello de Cenlle (Ourense).

Características técnicas: as características técnicas básicas das instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de 50.619,81 euros, son as seguintes:

– LMTS, a 20 kV, de 97 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-3×(1×150), desde o paso A/S que se realizará no apoio nº 92, de tipo HV-15/1000-CR1, da LMTA CAS801, ata o CT de tipo rural proxectado. Retirada do CTI existente (32A394) Razamonde-I, así como da LMTA que o alimenta (expediente nº 2026 AT).

A petición someteuse a información pública mediante a Resolución do 4 de marzo de 2021 desta xefatura territorial, que foi publicada no DOG do 29 de marzo de 2021, no BOP de Ourense do 3 de abril, e no xornal La Región do 17 de marzo, así como no taboleiro de anuncios do concello afectado, e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. De igual xeito, realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Dentro do prazo establecido para iso non se presentaron alegacións contrarias á realización do proxecto.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do citado Real decreto 1955/2000, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifiquen de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública antes citada.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 20 de maio de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense