Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28809

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 3708/2020-JVR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3708/2020 desta sección, seguido por instancia de mutua La Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 275 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cupiga, S.A., Mutua MC Mutual, Pebosa, S.A.U. e Luis Rodríguez González, sobre seguridade social, ditouse Resolución do 14 de abril de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Rexeitamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Fraternidade-Muprespa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo do 1.4.2020, en proceso sobre incapacidade permanente-porcentaxe de responsabilidade, promovido pola entidade recorrente contra o INSS, TXSS, MC Mutual, Cupiga, S.A. e Pebosa, S.A., e confirmamos a sentenza de instancia.

Impóñense as custas do recurso de suplicación á entidade recorrente, que comprende o aboamento dos honorarios das letradas impugnantes do seu recurso e que se fixan na cantidade de 605 € a favor de cada unha delas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación na forma legal a Cupiga, S.A. e Pebosa, S.A.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtense as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza