Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28811

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (442/2020).

José Lloves Forneiro, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio deste edicto

No presente procedemento xuízo verbal 442/2020, seguido por instancia de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U. fronte a Alesgo Telleira, S.L.U. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza: 90/2021

Ourense, 30 de marzo de 2021.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 442 do ano 2020, por instancia da procuradora Sra. Garrido Vázquez, en nome e representación de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U., asistida do letrado Sr. Sánchez-Casas Arraras e, como demandado, Alesgo Telleira, S.L.U., en situación de rebeldía, cuxas circunstancias persoais constan nas actuacións.

Resolvo:

Estimar integramente a demanda interposta por procuradora Sra. Garrido Vázquez, en nome e representación de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U., asistida do letrado Sr. Sánchez-Casas Arraras e, como demandado, Alesgo Telleira, S.L.U., en situación de rebeldía, e condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 43.565,73 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e condena en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o dito demandado, Alesgo Telleira, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza