Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28629

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (405/2019).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fago saber que no presente procedemento ordinario 405/2019, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Gonzalo Eiroa Rolle, se ditou sentenza, do 21.12.2020, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 241/2020.

Sentenza:

Vigo, 21 de decembro de 2020.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 405/2019, seguidos por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande, e coa asistencia letrada de Miriam Castiñeiras Sánchez, fronte a Gonzalo Eiroa Rolle, en rebeldía procesual,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Que estimando en parte a demanda promovida pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande, en nome e representación da entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., fronte a Gonzalo Eiroa Rolle, declárase vencido o contrato de préstamo a que se refire o seu expositivo primeiro, e condénase a este a lle aboar a cantidade de 165.013,84 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E ao estar o devandito demandado, Gonzalo Eiroa Rolle, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 17 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza