Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28631

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (247/2020).

Eu, Encarnación Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que no presente procedemento ordinario número 247/2020, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Óscar Manuel Barros Vázquez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Betanzos, 9 de marzo de 2021.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario con número 247/2020, seguidos por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A., representado pola procuradora Sra. Sánchez Presedo e asistido do letrado Sr. Pérez Moreno, contra Óscar Manuel Barros Vázquez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo substancialmente a demanda interposta pola representación procesual de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Óscar Manuel Barros Vázquez e, como consecuencia do anterior, declaro resolto o contrato de préstamo de financiamento subscrito entre as partes o día 2 de abril de 2018 e condeno o demandado Óscar Manuel Barros Vázquez a aboar á demandante a cantidade de 6.609,27 euros máis o xuro moratorio que devindique a devandita cantidade, de acordo co resolto no fundamento de dereito segundo da presente resolución. E todo iso con imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Para iso, cómpre ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida, asinada e publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada que a ditou, en audiencia pública na miña presenza, a letrada da Administración de xustiza. Dou fe, en Betanzos o 9 de marzo de 2021.

E ao estar o dito demandado, Óscar Manuel Barros Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza