Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 454/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 454/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Alens Vision and Tecnology, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Parte dispositiva

Estímase a demanda interposta por Pablo Manuel López Pernas fronte a Alens Vision and Technology, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 6.806,37 euros, que se incrementará cos xuros indicados no fundamento cuarto, e absólvese o Fogasa respecto das pretensións exercitadas, sen prexuízo da aplicación do artigo 33 do ET.

Impónselle á empresa demandada o aboamento de custas procesuais ata o límite de 600 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alens Vision and Tecnology, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza