Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28628

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (1054/2019).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, fago saber que no presente procedemento ordinario 1054/2019, seguido por instancia da procuradora Patricia Cabaleiro Barciela, en nome e representación de Maquinaria y Herramientas Mahecon, S.L., fronte a Grupo Gexogal S.L., se ditou sentenza nº 26/21, cuxo texto se encontra na secretaría deste xulgado á disposición da parte demandada.

A dita resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), que se deberá interpoñer directamente neste xulgado no prazo de 20 días dende a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E ao estar a demandada Grupo Gexogal, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. A sentenza ditada encóntrase á súa disposición neste xulgado para o seu coñecemento.

Vigo, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza