Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28627

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 209/2019).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, anuncio que neste procedemento de xuízo verbal 209/2019, seguido por instancia de Compostela Courrier, S.L. fronte a Alberto Ferreiro Otero, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, estas actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 209/2019, no que interviñeron, como demandante, Compostela Courrier, S.L., asistida polo letrado Sr. Silva Sánchez, e, como demandado, Alberto Ferreiro Otero, en situación procesual de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Compostela Courrier, S.L. fronte a Alberto Ferreiro Otero e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 971,39 euros cos xuros legais desde a data de interposición da demanda. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso ao non ser a contía do procedemento superior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino».

Ao encontrarse o dito demandado, Alberto Ferreiro Otero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza