Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28626

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (105/2018).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, fago saber que no presente procedemento de XVB 105/2018 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Maxistrado xuíz que a dita: Juan Carlos Carballal Paradela.

Lugar: Lugo.

Data: 11 de decembro de 2020.

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo a demanda deducida polo procurador Sr. López Mosquera, quen actúa en nome e representación de Pilar Seijas Freire, contra Felisa Seijas Freire e, na súa virtude:

1. Declaro que Felisa Seijas Freire lle debe a Pilar Seijas Freire a cantidade de dous mil setecentos vinte e nove euros con corenta céntimos de euro (2.729,40 €).

2. Condeno a Felisa Seijas Freire a se ater a esta declaración e, como consecuencia, a que lle aboe á demandante a referida cantidade de principal xunto cos xuros determinados no fundamento xurídico cuarto.

En materia de custas obsérvese o recollido no último fundamento xurídico.

Advirto as partes de que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estar a dita demandada, Felisa Seijas Freire, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma á devandita demandada rebelde, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza