Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28625

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (329/2020).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co nº 329/2020-AG se seguen autos de xuízo verbal entre as partes que logo se dirán, en que se ditou sentenza, cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Maxistrado xuíz que a dita: José Manuel Pérez Maside.

Lugar: A Coruña.

Data: 3 de maio de 2021.

Vistos por min, José Manuel Pérez Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia 12 da Coruña, os presentes autos de xuízo verbal número 329/2020 sobre reclamación de cantidade, danos á estremeira, en que foron parte demandante AXA Seguros Generales, S.A., representada pola procuradora Marta Díaz Amor e asistida polo letrado Juan Antonio Armenteros Cuetos e, como parte demandada, Seguros Allianz, S.A., representada polo procurador Rafael Francisco Pérez Lizarriturri e asistida polo letrado Ramón Juan Lema Alvarellos, e Antonio Rojas Teijido, en rebeldía procesual, ditouse esta sentenza con base nos seguintes»

E para que conste e sirva de notificación de sentenza ao demandado Antonio Rojas Teijido, por medio do presente edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber que ten á súa disposición neste xulgado unha copia da sentenza e que contra ela non cabe recurso, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza