Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 105/2021, do 26 de febreiro de 2021, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, referida á Resolución do 5 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica da electricidade da Ponte Nova, sita na parroquia de Betanzos, no concello de Betanzos (A Coruña).

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de febreiro de 2021, pronunciou a Sentenza número 105/2021, ditada no procedemento ordinario número 4053/2019, interposto por General y Solares, S. L., que, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1. Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por General y Solares, S.L. contra a resolución da Directora Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia do 5 de novembro de 2018, por delegación del conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural da fábrica de electricidade da Ponte Nova en Betanzos (A Coruña), segundo a descrición e réxime de protección que consta no anexo I da resolución.

2. Anular parcialmente a resolución impugnada declarando que non procede a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural das edificacións secundarias (serradoiro, pequeno edificio intermedio, embarcadoiro, esteo e muro).

3. Impoñer as costas procesais á Administración demandada co límite máximo total de 1.500 euros por todos os conceptos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade