Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 25 de maio, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se notifica á persoa interesada a incoación do procedemento SXRH-PD-9/21 e no que se notifica, ademais, citación para a comparecencia perante o instrutor.

O instrutor do procedemento intentou citar a persoa interesada para darlle a oportunidade de prestar declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Malia intentarse a notificación do acordo de incoación polos medios mencionados, tampouco se puido completar. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada polo NIF, a referencia do procedemento e o trámite ao cal se lle convoca:

Persoa citada: 34249770X.

Procedemento: SXRH-PD-9/21.

Trámite: citación para o día 16 de xuño de 2021, ás 9.00 horas, no Servizo Territorial da Inspección Educativa da Coruña (sito no Edificio Administrativo de Monelos, r/ Vicente Ferrer, núm. 2, 1º andar, na cidade da Coruña), co obxecto de comparecer perante o instrutor para a toma de declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento e, de ser o caso, para a comunicación do acordo de incoación.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

A persoa interesada ou quen acredite ser o seu representante poderán solicitar unha copia do acordo de incoación na comparecencia antes citada perante o instrutor ou acudindo antes do 16 de xuño de 2021, calquera día de luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas, ás dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, na sede da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade